Artículos

O pasado día 11,  cumplíronse 6 dias de folga da mágnifica loita do sector do metal da provincia de Pontevedra. El Militante entrevistou a dous delegados de persoal do metal. Un deles é Manolo Dominguez, delegado pola CIG e traballador dunha empresa auxiliar do sector naval dedicada á electricidade. O outro é Roi, tamén delegado pola CIG, e xoven traballador dunha auxiliar do naval de caldeirería e soldadura. Ambos delegados mostraron o seu acordo coa folla que El Militante repartiu masivamente entre os traballadores. A continuación publicamos un extracto da entrevista

O pasado día 11,  cumplíronse 6 dias de folga da mágnifica loita do sector do metal da provincia de Pontevedra. El Militante entrevistou a dous delegados de persoal do metal. Un deles é Manolo Dominguez, delegado pola CIG e traballador dunha empresa auxiliar do sector naval dedicada á electricidade. O outro é Roi, tamén delegado pola CIG, e xoven traballador dunha auxiliar do naval de caldeirería e soldadura. Ambos delegados mostraron o seu acordo coa folla que El Militante repartiu masivamente entre os traballadores. A continuación publicamos un extracto da entrevista

EM: O metal de Pontevedra leva 6 dias en folga, que valoración facedes?

M.D: Eu teño a sorte de ter participado desde o inicio da posta en marcha deste convenio, e foi un convenio que para sacarlle as reivindicacións que temos sempre foi a base de loitas. O carácter desta folga non me parece estraño co tipo de patronal que temos, unha patronal que vive da sangue dos traballadores. Esta patronal que temos, vive a conta de roubarlle os traballadores do seu salario polo incumprimento dos convenios

É un conflito dun sector, o do metal de Pontevedra, que a nivel do estado, é un espello de moitos convenios e de moitas empresas e colectivos de traballadores que se reflexan nel. E creo que máis que xa un conflito propio do convenio, está a intención da patronal en querer anularnos como colectivo para que ese espello se esmague en anacos tan pequeniños tan pequeniños, que, dalgún xeito, naide se reflexe nel.

E creo que este é un convenio no cal, e isto é algo que os delegados debatemos moito, non é un convenio que vaiamos conseguir en dous días nin en tres, nin cunha folga indefinida incluso. Estamos falando dunha folga de resistencia.

E moitos traballadores tamén o pensan, outros non, pero moitos pensan que a dignidade está por enriba de todo. Eu prefiro, persoalmente, non conseguir ningún aumento pero poder andar coa cabeza alta e dicir, "eu loitei polo meu convenio", "derrotei a patronal", aínda que non me dean nada. Non quero privilexios, quero o privilexio de defender o meu convenio, esta mobilización e este sector.

Roi: Esta claro que o conflito é contra a patronal que coas súas medidas abusivas quere jodernos o convenio, que durante moitos anos estivemos pelexando estas reivindicacións totalmente xustas, e en todo momento o que nos queren é boicotear o "tinglado". O ambiente, polo menos nos estaleiros, e un ambiente de disposición a gañar isto, a gañar o convenio, e gañar as nosas reivindicacións, sexan moitas ou sexan poucas.

EM:  A patronal tamén sabe que se logra derrotar ós obreiros do metal esta dando un golpe o conxunto dos traballadores, e por iso esta a dar plantóns os sindicatos, por iso ameaza cun peche patronal e manda a policía a cargar salvaxemente

MD: Iso esta claro. Cada vez que saímos, cada vez que queremos pechar as autovías ou pechar citroen, xa sabemos como van reaccionar eles. Vannos mandar os seus cans que van escoitar a voz do seu amo e a defender a eses señores.(...) Están dando subvencións a moitas empresas, non porque teñan perdas, senón para que non teñan perdas, iso é significativo ¿non?. Dende hai moitos anos hai unha cláusula de descolgue, que foi aprobada polo goberno, e si tiveran problemas, collerían e dirían, "bueno, eu demostro que teño perdas e non cumpro o convenio" e punto, sen embargo non se acollen a iso, acóllense a dicir que é abusivo o que estamos pedindo e nós non o cremos.

EM: Tamén, como  noutros moitos conflitos, a prensa esta intentando desprestixiar ós traballadores, plantexando que é un conflito racista. Xa o plantexaron en Inglaterra, xa o plantexaron en sestao...

MD: O convenio, no segundo artigo, di que calquera traballador, ainda que veña de fora, ten que cobrar, como mínimo o que marca o convenio. Nós do que si estamos en contra, é de que se substituia ós traballadores que están pelexando nos estaleiros e nas empresas, que os manden para o paro, e metan traballadores de fora. ¡Que non estamos na súa contra nin moito menos!, que si hai traballo, hai para todos, pero dende logo, que exploten traballadores a baixo coste, que son mais explotados e mais sumisos, iso é un perigo para este sector.

Roi:  os primeiros racistas son eles, que permiten que veñan a traballar aquí compañeiros en condiciones menores ca nós. Polo tanto a loita vai a seguir, non contra os traballadores estranxeiros, se non contra os cómplices que seguen mantendo esa explotación deses compañeiros de clase internacional.

EM: E para rematar, se queredes comentar un pouco a estratexia que credes a mellor para gañar o conflito...

MD: bueno, a estratexia teremos que montala un pouco en función de como nos veñan...temos ahí unha Xunta, que non creo que nos vaia axudar a un acordo, temos que seguir plantexando a folga do convenio pra o xoves, a do sector pra o venres, e a partir de ahí indefinida. E marcar nós o ritmo que nós queiramos, non o ritmo que nos marca a patronal nin as forzas represivas. E en función diso iremos anunciando as actuacións (que tampouco poden ser moi públicas, por que bueno, aínda anunciamos algo o xoves e ó chegar xa tiñamos ós amigos [a policía] coas portas pechadas).Estamos considerando unha batalla a longo prazo, pero bueno, máis importante que o convenio incluso, é o sector, e manter este sector vivo, unido e reivindicativo é a mellor baza que podemos xogar nestes momentos.